The Ilegal album

 

escùchalo aquì:
www.myspace.com/caballeroreynaldo
Precio: 9 euros


PRENSA Y COMENTARIOS

Luis González é un tipo inquedo e prolífico no que se refire á produción e a edición musical desde o selo do que "alma máter": Hall Of Fame Records. O décimo álbum do seu proxecto Caballero Reynaldo, tras catro álbumes de divertidas versións dos seus adorados Frank Zappa e Malcolm Scarpa, volve a ofrecernos composicións orixinais e cantadas en castelán. Neste caso, orixinais deberiamos entendelo máis como novidosas que como propias. Ou sería ao revés? Xulguen vostedes: as estruturas saen do primeiro e mítico álbum da banda asturiana Ilegales, pero se nos presentan tan transformadas que, se non o avisan, nin nos enteramos. Coma sempre, este apaixoado da músico rodéase de espíritos xemelgos, mais preocupados da diversión con bo gusto e poesía que de réditos económicos. Das curiosas letras destas doce pezas breves (media hora xusta) encárgase Román García de Los Marañones; das guitarras, Manoel Macía; dos órganos, Ózcar McCuenca; e Luis González da sección rítmica e as voces. O resultado volver ser unha celebración de eclecticismo pop, swing, doowop, folk, rock para gozo de curios@s e melómanos con poucos prexuízos. http://www.myspace.com/caballeroreynaldo Pepe Cunha 10-maio-2010


http://www.halloffame.es/http://www.halloffame.es/Reynaldo.htmlhttp://www.halloffame.es/Reynaldo.htmlshapeimage_5_link_0shapeimage_5_link_1shapeimage_5_link_2

Hall Of Fame Records
2010